Efectivamente esa é a principal crítica que se pode facer, até onde cheguei a razoalo.
A probabilidade do acontecemento intersección é igual ao produto das probabilidades dos acontecementos individuais só e só se ditos acontecementos son independentes. Daí que en cada paso explicitara diferentes hipóteses ou asuncións que permitiran ao final facer ese paso. É imposible que PG AI e LG sexan (totalmente) independentes, así que o debate está en avaliar se o grao de dependencia entre elas invalida o cálculo e en que medida. Porque o certo é que hai factores que poderían actuar compensando a probabilidade adicional que se derivaría da dependencia entre os acontecementos.
En calquera caso coido que o erro que se cometería sería maior se o modelo se limitase a aplicar o produto das probabilidades a nivel global, para toda a poboación galega de 15 a 74 anos. Mais neste caso a fórmula aplícase ao nivel de cada segmento definidio polo cruce dun intervalo quinquenal de idades e un concello determinados (isto é, en total 315×12=3780 segmentos) que se agregan.
Se se che ocorre outra maneira de proceder cos datos dispoñibles agradézoche encarecidamente máis comentarios. Un saúdo.